Páginas

Gustaríanos continuar mellorando



Comeza unha nova semana, e co sabor da Andaina aínda nos beizos, queremos pedirvos que fagades con nós unha última “etapa”. Necesitamos coñecer as vosas opinións, críticas e suxerencias sobre a XI edición da andaina. Calquera achega serviranos para mellorar e seguir facendo da Andainatudense unha opción atractiva para tódolos camiñantes que xa participaron ou desexen participar.

Para darnos a coñecer as vosas opinión podedes escribirnos a clubandatui@gmail.com ou deixar as vosas achegas aquí.

Agradecémosvos de antemán as vosas propostas.

7 comentarios:

  1. Podedes escribir, deixarnos a vosa opinión.

    ResponderEliminar
  2. Bos días! Pois eu aproveito esta ocasión para contar que é a segunda vez que participo nesta andaina, se fai dous anos, que foi a primeira, me gustou e me pareceu que estaba moi ben organizada, este ano, o volvo a constatar. Debo decir que me encanta o Monte Aloia, me parece un lugar precioso, e desde logo esta andaina non ten ningún desperdicio, e non fago máis que recomendarlla ós meus amigos.

    Debo decir que a organización é digna das nosas felicitacións, por un lado xa no trazado da ruta. Creo que é impresionante, iso de pasar por aí, escondidos parece que por rincóns que nin pensaríamos que se puidera pasar é increible. Despois ademais os avituallamentos, a comida, ...todo moi ben organizado.

    E por último, e desde logo esta vez si que cabe decir, non menos importante, todo o contrario, os masaxistas. Uf, a rapaza que se encargou de deixarme as pernas como novas, non só me pareceu toda unha profesional se non ademais que era encantadora, despois de 28 km camiñando, o día rematou con un rato ben agradable grazas a ela.

    Moitas grazas a todos, e desde logo que espero participar en mais ocasións.

    Un saúdo.
    Aurora

    ResponderEliminar
  3. Buenos días: En primer lugar felicitaros por lo bien organizado que estaba todo (Puntos de comida y bebida, señalización, disponibilidad en caso de emergencia...) Es el primer año que participo y lo cierto es que ha sido una experiencia muy positiva que sin duda me gustaría repetir, considerando también la posibilidad de apuntarme a otras andainas que organizáis durante el año. Por otro lado señalar, que también tengo algo que sugerir y es que teniendo en cuenta que es una andaina dirigida a todos los públicos, incluidos niños y mayores, deberias considerar la opción de hacer tramos menos complicados o en tal caso tramos alternativos, ya que ha habido senderos que han supuesto gran dificultad (como los senderos de monte donde estaban las cuerdas), que ha desencadenado en un esfuerzo físico innecesario. Por lo demás, todo perfecto y espero que nos veamos pronto. Un saludo!!!

    ResponderEliminar
  4. Solo teño palabras de agradecemento por tan boa organización, e tan bo traballo ...
    tamén e certo que non teño referecia de outro anos, pero para min non se trata de comparar si non de valorar
    e a valoración é excelente..
    ademáis da posta en valor do entorno que moitos Tudenses nin coñecemos ...
    Espero poder repetir o próximo ano
    Gracia
    Marina Cruces

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Esta foi a primeira andaianatudense e espero que sexan moitos anos máis!! Dende o inicio ata o remate foi unha experiencia única!!
    A organización, excelente: dende os agallasos (a camiseta encatoume), os avituallamentos: auga fresca, froita cortadiña para meterlle o dente...e non digamos toda a atención que nos prestastes en todo o camiño....eso sí, as calorías que queimamos xa as gañamos co que nos destes... ;)
    E a paisaje....unha ledicia!!!
    Como única suxerencia, sería a localización ou materiais empregados para sinalizar a ruta, sobre todo nos sendeiros de monte onde moita xente perdeuse por uns intres por coller outro camiño ao non divisar a banda do correcto.

    ResponderEliminar
  7. Boas tardes,
    Este ano comprometín a data do Día das Letras Galegas antes de saber que ía se-la XI Edición da Andaina Solidaria Tudense. Aínda así, xente coñecida que foi, non para de falarme do que lles gustou. Sempre é un pracer subir ó Parque Natural do Monte Aloia por camiños descoñecidos. Parabéns á organización.
    Agardo ir o ano que ven. Saúdos.

    ResponderEliminar

Deixar a vosa opinión